Friday 17 de May de 2024

O Salvamento Acuático Laracha-SAL remata a Liga Absoluta AP de 1ª división como 3º clasificado


A FINAL DA LIGA ABSOLUTA AP CELEBROUSE O DOMINGO 2 DE ABRIL NA PRISCINA ROSARIO DUEÑAS DE OURENSE

O club SAL rematou a Liga Absoluta AP de 1ª división como 3º clasificado con 995 puntos. Desprazáronse ata a Piscina Rosario Dueñas de Ouresnse 9 deportistas: Iria, Gabriela, Lucía e Noelia en Absoluto Feminino; e David, Anxo, Pablo, Álvaro e Borja en Absoluto Masculino; onde realizaron todas as probas individuais e por equipos.

Os resultados máis destacadados foron:
– Pablo Amado, que acadou ser 1º en 100m. socorrista, 2º en 100m. remolque de maniquí con aletas, 8º en 100m. combinada, 9º en 200m. supersocorrista
– Noelia Loureiro, que acadou ser 1ª en 100m. socorrista, 100m. combinada, 200m. supersocorrista, 50m. remolque de maniquí e 2ª en 100m. remolque de maniquí con aletas.
– Álvaro Hidalgo, que acadou ser 5º en 200m. supersocorrista e en 100m. remolque de maniquí con aletas, 9º en 100m. socorrista e en 100m. combinada
– Anxo López, que acadou ser 3º en 200m. supersocorrista, 6º en 100m. socorrista, 7º en 200m. obstáculos, 9º en 100m. remolque de maniquí con aletas.
– Lucía Añón, que acadou ser 7ª en 100m. socorrista e en 100m. remolque de maniquí con aletas, 8ª en 100m. socorrista
– David Fraga, que acadou ser 2º en 100m. socorrista, 4º en 100m. remolque de maniquí con aletas, 5º en 100m. combinada, 6º en 200m. supersocorrista e en 200m. obstáculos,

E nos relevos:

● Os absoluto masculino foron 1º en Relevo natación con obstáculos, en Relevo combinado e en Relevo remolque de maniquí; e 4º en Lanzamento de corda.
● As absolutas femininas foron 3ª en Lanzamento de corda, 4ª en Relevo combinado, 5ª en Relevo natación con obstáculos e en Relevo remolque de maniquí.
● E 2º en Relevo mixto.
En próximas datas, varios deportistas do Club participarán nos IV Campionato de España Infantil e Cadete de Primavera que se celebrará en Bétera o 22 e 23 de Abril e no XI Aberto Internacional – IV Copa de Europa de Piscina e XXXVII Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto a onde se desprazarán do 5 ao 7 de maio.